Novas

AMICO (ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA)
22/06/17

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VII

O SERVIZO DE REHABILITACIÓN VII
A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca, AMICO ten aberto o Programa de actividades SERVIZO DE REHABILITACIÓN VII durante o ano 2017, dirixido a persoas con discapacidade.
Dirixido principalmente ás persoas residentes dos Concellos de Santiago, da comarca e limítrofes.
Conta con financiamento da Deputación de A Coruña e algunha das actividades precisan da aportación das persoas participantes.
O Servizo de Rehabilitación VII
Consiste nun programa de actividades deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, a través da rehabilitación integral.
Inclúe actividades grupais e individuais, nas que se fomenta a autonomía persoal e a participación das persoas con discapacidade.
O Servizo conta con financiación pública a cargo da Deputación de A Coruña, no marco da convocatoria de mantemento de servizos os sociais FOAXE, e durante o ano 2017 xa imos pola sétima edición.
Actividades que inclúe:
· Sesións grupais de actividades acuático –terapéuticas. 9 €/mes
· Sesións individuais de fisioterapia. En función da capacidade económica 5 €/sesión ou 10€/sesión.
· Grupo de atención psicosocial. Gratuíta
· Sesións grupais de ximnasia e actividades físicas de mantemento. 9€/sesión.
Son actividades adaptadas ás túas características e necesidades.
Contamos con acompañamento e asistencia persoal
Son actividades dirixidas á promocion da autonomía persoal,a calidade de vida , a igualdade de oportunidades e a participación social son algúns dos obxectivos que ten este programa.

Infórmate:
• email: info@amico.es
• Teléfono: 678739030 - 981574698
• Página Web: http://www.amico.es
• Facebook: Asociacion Amico

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)