Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
29/05/17

Bases para a concesión de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares

Públicadas as Bases para a concesión de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para unidades de convivencia do Concello de Santiago de Compostela, que teñan menores de idade ao seu cargo escolarizados en centros sostidos con fondos públicos, de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria, e que estean matriculados ou teñan reserva de praza para o curso 2017/2018.Prazo de presentación de solicitudes. As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Data: 15 de xuño
Lugar de presentación: As solicitudes estarán a disposición na Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, na Oficina de Atención á Cidadanía e na páxina web www.santiagodecompostela.gal
Entregaranse debidamente cumprimentados os anexos I e II correspondentes xunto coa documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo así como nos órganos sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administración Públicas.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)