15/05/17
ESCOLAS DE VERÁN 2017. PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN
O Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2017 (xuño-xullo e setembro).
Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.
Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago. (ambos os dous inclusive).
Horarios e servizos que se ofrecerán aos usuarios :
Horario: de 7,45 h. ata as 16,00 h.
Servizos:
• De 7,45 a 9 h.: Servizo de Madrugadores (aula matinal), con almorzo.
• De 9 ás 14 h.: Obradoiros e Actividades.
• De 14 ás 16,00 h.: Servizo de Comedor.
Proceso de inscrición e matrícula a partir do luns 15 de maio ao luns 29 de maio
Achegase ficha de inscrición e información sobre o programa.