Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
15/10/10

SEMINARIO ASPECTOS BÁSICOS DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN

Remitise información enviada pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia AEIGA.

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) organiza unha serie de seminarios sobre os aspectos básicos das Empresas de Inserción Laboral.

Dirixido a Profesionais das diferentes administración públicas e de entidades de iniciativa social das seguintes áreas:

· Inclusión social e servizos sociais.
· Emprego (técnicos e técnicas de emprego).

Descrición do Seminario
Busca aportar os coñecementos básicos sobre os aspectos de carácter técnico e procedimental relacionados coas empresas de inserción.

Obxectivos

· Sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia.
·Facilitar a relación dos técnicos e técnicas de inclusión social, servizos sociais e emprego coas empresas de inserción laboral e coas súas entidades promotoras.
·Unificar criterios e procedementos no análise e acreditación das situacións de exclusión social determinantes da incorporación a unha empresas de inserción laboral.
·Apoiar a creación de novas empresas de inserción en Galicia

Características do curso

Modalidade: presencial
Duración: 4 horas (unha única sesión)
Horario: 10 h a 14:00
Datas: 26, 27, 28 e 29 de outubro
Enderezo: día 26 en Santiago de Compostela, resto de datas por determinar (ofrecerase á ubicación mais próxima posible en función das solicitudes de inscrición)
Prezo: gratuíto
Nº de prazas por seminario: 15

Mais información e Inscricións
Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA)
Avenida de Lugo nº 219, baixo, 15703, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 957 452
Fax: 881 957 452
E-mail: aeiga@faedei.org

Achégase Folleto informativo no que se detalla o contido do seminario

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)