13/01/17
TIKET ELECTRICO 2017
Pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia
Prazos solicitude: 15 de xaneiro de 2017 a 15 de xullo de 2017.
Facturas subvencionables: 1 de xullo de 2016 ao 30 xuño 2017.
Ingresos menores de:
Mensual: 798, 76€
Anual: 9.585,19€
Podo solicitala si:
- Son residente da comunidade autónoma de Galicia.
- Teño fillos/as menores a cargo.
- Teño persoas a cargo con discapacidade igual ou maior ao 33%.
- Estou aboando as facturas eléctricas a unha empresa e/ou figuro como pagador das mesmas.
- Non teño débedas ca Administración pública.
- Cumpro cas obrigacións tributarias.
O importe da subvención:
- 180€ Para unidades de convivencia que cumpran os requisitos.
- 300€ para unidades de convivencia que cumpren os requisitos e que ademais acrediten ser familia numerosa.
Documentos que teño que entregar.
- Libro de familia, ou documento que acredite oficialmente a situación familiar.
- Facturas do subministro eléctrico da vivenda que é residencia habitual o solicitante.
- Xustificante do pagamento das facturas (extracto bancario ou certificación bancaria, sirve pago en correos se a factura está ao meu nome).
- Certificado de convivencia das persoas que viven na mesma vivenda.
- Título de familia numerosa e/ou certificado de discapacidade (de ser o caso, e se non autorizo a consulta mediante o ANEXO II ou non foi expedido pola Xunta de Galicia).
Documentos a presentar se non autorizo mediante o Anexo II e o Anexo III.
- Copia do título de familia numerosa e/ou certificado de discapacidade se fosen expedido fóra da comunidade de Galicia, ou non autorizo a consulta no Anexo II.
- IRPF do 2014 ou certificación de ingresos da Axencia Tributaria de todos os membros da unidade de convivencia con ingresos se non autoriza a consulta a través do Anexo III.
- Copia de DNIs de toda a unidade de convivencia para dixitalizar se non autoriza a consulta a través do Anexo III.
Para solicitala teño que ir ás oficinas da Xunta de Galicia en San Caetano e dirixirme a Industria que está no edificio dos espellos. Bloque 5 Planta 4.
Se teño algunha dúbida podo chamar a 981 95 71 85 ou a 981 54 55 53