Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
13/01/17

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

Real Decreto 746/2016, do 30 de decembro, sobre revalorización e complementos de pensións de Clases Pasivas e sobre revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2017. (BOE nº 316 de 31/12/2016). Aberto o prazo de solicitude

Obxecto:

Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de PNCs de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

Requisitos:
Ter recoñecida unha PNC de xubilación ou invalidez na data da solicitude e na de resolución.
Carecer de vivenda en propiedade.
Ser titular do contrato de arrendamento da vivenda na data da solicitude.
Non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o 3º grao nin constituír con aquél unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade conxugal . (Organigrama de parentesco)
Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tiveran recoñecida a PNC, so terá dereito a este complemento aquel/aquela que sexa titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.

Enténdese que a vivenda é domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e teña residido na mesma durante un período mínimo de 180 días inmediatamente anteriores á data da solicitude.

Contía:

A contía do complemento para o ano 2017 é de 525 euros anuais, que se fará efectivo nun pagamento único, con anterioridade ao 31 de decembro de 2017.

Aos pensionistas aos que non se lle poidera abonar o complemento na data indicada, este farase efectivo como máximo, dentro do prazo de tres meses seguintes á dita data.

Non se computa como rendas ou ingresos a efectos de determinar o mantemento do dereito á pensión.

Documentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. A documentación complementaria poderá presentarse de forma electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal.
a.Solicitude (BS650F) | Presentación electrónica na sede
b.Copia do documento que acredite a representación cando a solicitude se subscriba por persoa distinta a persoa beneficiaria da pensión non contributiva.
c.Copia compulsada do contrato de arrendamento en vigor, excepto cando se presente por Sede electrónica que se achegará sen compulsar.
d.Certificación acreditativa de propiedades expedida pola Dirección Xeral do Catastro que acredite a carencia de vivenda en propiedade, no caso de denegar a consulta.
e.Certificado de empadroamento expedido polo concello de residencia da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a consulta.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Lugar de presentación:
Servizos Sociais Comunitarios.
Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

Prazo de presentación:

Ata o 31 de decembro de 2017

A resolución deberá ditarse e notificarse no prazo máximo de 3 meses dende a data de entrada en rexistro da solicitude.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)