18/11/16
Xornadas sobre saúde e discapacidade intelectual
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a preparar unha nova xornada centrada na saúde e a discapacidade intelectual, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de decembro na Facultade de Psicoloxía de Santiago.
A finalidade deste encontro será sensibilizar sobre a situación sanitaria ás persoas con discapacidade intelectual, promovendo un foro de reflexión e debate sobre a saúde deste colectivo, ao tempo que informamos e formamos aos profesionais para a abordaxe da saúde das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Prezo: De balde ate completar aforo.
O prazo para formalizar a inscrición rematará o 12 de decembro.
Documentación relacionada