Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
06/10/10

III Xornadas sobre Emprego e Discapacidade Intelectual en Galicia

FADEMGA FEAPS GALICIA vai celebrar o venres 12 de novembro de 2010 as III XORNADAS SOBRE EMPREGO E DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN GALICIA, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Trataranse temas relacionados cos Centros Especiais de Emprego e Empresas de Insercción Laboral; o acceso das persoas con discapacidade ó emprego público, a implantación do Real Decreto de Emprego Con Apoio e as cláusulas sociais e contratos públicos en Galicia e noutras comunidades.
As III XORNADAS SOBRE EMPREGO E DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN GALICIA están patrocinadas pola Concellaria de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, A Consellería de Traballo e Benestar e Caja España.
Secretaría e inscricións:
FADEMGA FEAPS GALICIA
SERVIZO DE FOMENTO DO EMPREGO
Tlf. 981519650, ext.3
Fax. 981519651
emprego@fademga.org

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)