02/11/16
X Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
Terá lugar o venres, 25 de novembro de 2016, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1). Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela.
Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo multidisciplinar de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas, dificultades e sobre o tipo de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados. Ademais traballa na busqueda da implicación, de maneira activa, da Administración e profesionais (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demais profesionais vinculados) para asegurar o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.
Esta décima edición, que volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade, ten como finalidade:
Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio, que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta.
Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.
Promover un foro de reflexión e debate sobre a atención a saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Ofrecer os profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre o abordaxe do envellecemento, a sexualidade e a comunicación en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio; estratexias preventivas que nos permiten anticiparnos a aparición de posibles trastornos mentais e/ou alteracións de conduta.
Gustaríanos contar coa súa presenza e colaboración para difundir esta actividade entre os profesionais da organización que preside. Con esta finalidade achegámoslle o cartel co programa.
Para realizar a inscrición é necesario acceder a páxina web de FADEMGA: www.fademga.org ou a través do seguinte enlace http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1380-10-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental
O prazo para formalizar a inscrición remata o 14 de novembro. AFORO LIMITADO.
Para calquera dúbida ou aclaración estou a súa disposición.
Documentación relacionada