Novas

Plataforma polo Emprego
21/09/16

Plataforma polo Emprego informa: Empresa de recollida de aceite vexetal usado, limpezas e portes

Compostela Inserta Eil, S.L é unha empresa de inserción sita en Santiago de Compostela, que se adica á realización de recollida de aceite vexetal usado, prestación de servizo de limpezas de locais e pequenos portes.
É a Empresa de inserción promovida pola Asociación Plataforma polo Emprego e pon a disposición de toda persoa interesada a realización dos seus servizos.

Á disposición da cidadanía pon a opción de reciclado do aceite vexetal nos seguintes Centros Socioculturais:

Centro Sociocultural de Conxo.
Centro Sociocultural de Pontepedriña.
Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Centro Sociocultural de Fontiñas.
Centro Sociocultural do Monte do Gozo (Amio).
Centro Sociocultural de Villestro.
Centro Sociocultural de Bugallido.


Mais información:
COMPOSTELA INSERTA
Rúa Concheiros 33, 1º andar
15703 Santiago de Compostela
981 58 05 06 // 695 668 623
compostelainserta@gmail.com

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)