29/08/16
Requerimento de subsanación de solicitudes e documentación para a concesión de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación
En cumprimento do establecido na base reguladora 11, da convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela (BOP núm. 106, do 06/06/2016) publícase de seguido a relación de persoas solicitantes que deben emendar a súa solicitude e/ou documentación, para que no prazo comprendido entre o 29 de agosto e o 14 de setembro de 2016, ambos os dous incluídos, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos; indicándoselles que, de non facelo neste prazo, se considerará que desisten da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos términos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lugar de presentación de documentación rexistro.
Documentación relacionada