Novas

28/07/16

Constitución da Mesa Institucional CaixaProinfancia

O 14 de marzo o Concello de Santiago asinaba un convenio de colaboración coa Consellería de Política social da Xunta e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia nesta cidade.

Tras un proceso de selección nomeuse á asociación Arela como entidade coordinadora do Programa CaixaProInfancia da Obra Social "La Caixa" en Santiago de Compostela. A reunión de constitución da Mesa institucional mantívose onte, 27 de xullo, no CSC de Fontiñas por ser o barrio onde se desenvolverá o programa.

Na composición da mesa institucional hai representación das Consellerías de Educación, Sanidade e Política social; da Universidade de Santiago de Compostela; da Fundación bancaria La Caixa; da Concellería de Educación e Cidadanía, da Concellaría de Políticas Socias, Diversidade e Saúde e da Asociación Arela.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)