09/05/16
VIVE O VERAN 2016 MAÑAS DE VERAN E XOGO
AS MAÑÁS DE VERÁN E XOGO representan unha proposta de lecer no tempo libre, promovida pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela, coa finalidade de traballar desde os centros socioculturais os valores cívicos de igualdade, de respecto pola natureza, de participación e de
traballo en grupo.
MAÑÁS DE VERÁN NOS CENTROS URBANOS
Mes de xullo, de luns a venres de 10.00 a 14.00h. Posibilidade de horario ampliado, si se solicita, de 8.00 a 15.00h.
Destinado a neno/as e familias empadroadas en Santiago.
Participación: mes completo ou quincena.
Onde vai ser?
Haberá cinco localizacións a escoller ata dúas polo participante no momento da preinscrición:
· CSC das Fontiñas/ 30 prazas
“Rapazada en acción” (audiovisuais, xogos predeportivos, ecoloxía, animación á lectura, observación da natureza e rastrexos). Destinado a nenos/as 5 a 8 anos, cumpridos antes do comezo a actividade.
· CSC Aurelio Aguirre de Conxo/ 35 prazas
“Comediantes itinerantes CIA” (teatro-circo, happening, teatro de máscaras e moitas máis aventuras en clave comedia) Destinado a nenos/as de 7 a 13 anos, cumpridos antes do comezo da actividade.
· CSC de Santa Marta/30 prazas “Pequenos artistas 2016” (expresividade e xogo teatral). Destinado a nenos/as de 4 a 9 anos, cumpridos antes do comezo
da actividade.
· CSC Jose Saramago de Vite/30 prazas
“25 anos de animación no barrio”.(actividades lúdicas, actividades ao aire libre e obradoiros de expresión artística). Destinado a nenos/as de 7 a 14 anos, cumpridos antes do comezo da actividade.
· CSC O Ensanche/20 prazas
“Pequenos reporteiros”. (Os pequenos reporteiros do Ensanche á caza da exclusiva dos obradoiros e xogos máis divertidos de Santiago). Destinado a nenos/as de 6 a 12 anos, cumpridos antes do comezo da actividade.
Ademais, as actividades estenderanse aos parques e a outros espazos da cidade e da contorna, de acordo coa programación concreta.
Preinscrición do 4 ao 20 de maio nos CSC de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h, presentando a folla de preinscrición-modelo formalizado.
Publicación de listas de admitidos/as e reservas no taboleiros informativos dos centros e na web www.santiagosociocultural.org e en ww.santiagodecompostela.gal a partir do xoves 9 de xuño.
Formalización de matrícula, entrega de documentación e pagamento: do 13 ao 23 de xuño, entregando o resgardo de pagamento da actividade e a documentación no CSC onde obtivera a praza.
Adxuntase documento explicativo.
Documentación relacionada