23/09/10
a plataforma polo Emprego achega información do curso de creación de empresas de inserción organizado por AEIGA asociacion de empresas de inserción laboral de Galicia
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) anuncia a apertura da convocatoria do curso Creación Empresas de Inserción Laboral
O curso enmarcase dentro das actividades do proxecto "Galicia Insire" de apoio á creación de empresas de Inserción Laboral en Galicia promovido pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia AEIGA e cofinanciado pola Obra Social de Caixa Galicia.
Descripción do curso de Creación de Empresas de Inserción:
Este curso busca axudar a que os participantes elaboren proxectos de creación de empresas de inserción laboral.
Os contidos do curso serán os seguintes:
* Contexto legal das empresas de inserción
* Trámites de constitución.
* Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción.
* Contratación e itinerarios de inserción.
* Xestión das empresas de inserción laboral.
Horario: de 16.30 a 20.30 h
Datas curso: 4, 5 e 6 de outubro
Enderezo: Avenida de Lugo, 219, baixo (15703 Santiago de Compostela)
Proxecto “Galicia Insire”
O proxecto estrutúrase da seguinte forma:
· Campaña de información e difusión da figura das Empresas de Inserción Laboral en Galicia.
· Visitas a entidades interesadas para a presentación do proxecto.
· Realización de cursos para a elaboración de proxectos de empresas de inserción dirixidos a responsables e técnicos de entidades e profesionais das áreas de emprego e inclusión social interesados.
· Titorización individualizada de proxectos de creación de Empresas de Inserción Laboral.
· Acompañamento no proceso de constitución, cualificación e procura de financiamento de Empresas de Inserción Laboral.
As accións do proxecto van dirixidas a entidades de iniciativa social que traballen no ámbito da inclusión sociolaboral de colectivos en risco ou situación de exclusión social e teñan interese na crear empresas de inserción laboral e tamén a todos os profesionais das áreas de emprego e inclusión social interesados.
Para participar no proxecto será necesario facer chegar o formulario de solicitude axunto, ben ao enderezo de correo electrónico aeiga@faedei.org, ben por fax no número 881 957 452
Para máis información:
Tel/Fax: 881 957 452
Avenida de Lugo nº 219, baixo (Santiago de Compostela)
E-mail: aeiga@faedei.org
(Persoa de contacto: Cristina Varela)