Novas

Plataforma polo Emprego
23/09/10

PLATAFORMA POLO EMPREGO programacion actividades do proxecto REDES URBANAS no marco do progrma europeo URBANA SANTIAGO NORTE

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES URBANA NORTE, REDES URBANAS

[b]ACCIÓNS FORMATIVAS


-Deseño do itinerarios e accións de acompañamento social (PAS)
Do 01 agosto ao 15 de outubro. Horario: 09:00 a 12:00 hs

-Práctica e adestramento en Habilidades Sociolaborais - (25 horas)
Do 20 de setembro ao 15 de outubro. Horario: 10:00 a 12:00 hs (martes e xoves)


- Técnicas de busca de emprego (PBE) co Adestramento das TIC- (25 hs)
Do 27 de setembro ao 15 de outubro. Horario: 10:00 a 13:00 hs (luns, mércores e venres)

- Adquisición de competencias clave para acceso á formación AFD (20 hs)
Do 20 de setembro ao 15 de outubro. Horario: 10:00 a 13:00 hs (luns e e mércores )

- Obradorio de emprendemento (15 hs)
Do 20 de setembro ao 1 de outubro. Horario: 10:00 a 13:30 hs (luns e e xoves)

EN RÚA CONCHEIROS 33 1º ANDAR, SANTIAGO DE COMPOSTELA
981580506



PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas empadroadas nos barrios de: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios.
- Mulleres pertencentes a fogares monoparentais con escaseza recursos socioeconómicos
- Pertencer a alguna minoría étnica (xitanos) con escaseza de recursos socioeconómicos
- Inmigrantes con problemas de integración social e escasos recursos económicos
- Persoas paradas de longa duración menores de 25 anos ou maiores de 45, inscritas ininterrompidamente como desempregadas na oficina de emprego durante 6 meses
- Persoas con discapacidade recoñecida regulamentariamente con escaseza de recursos socioeconómicos
- Mulleres vitimas de violencia de xénero con escaseza de recursos socioeconómicos
- Menores procedentes de familias desestruturadas con idade para traballar
- Outras persoas que se atopen en risco de exclusión

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Fotocopia de DNI ou NIE
- Certificado de empadronamento
- Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego
- Certificado das prestacións que percibe
- Certificado de minusvalía
- Fotocopia da declaración da renda
- Fotocopia do libro de familia
- Xustificante da vivenda en alugueiro ou hipoteca




-actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciadas pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixe número 5 (Desenvolvemento sustentable local e urbano) do Programa Operativo do FEDER en Galicia para o período 2007-2013".

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)