Novas

IGAXES 3. Instituto Galego de Xestión para o terceiro Sector
22/09/10

Abre o prazo para participar no Programa Integral de Inserción Laboral nos barrios da zona Norte

Igaxes3 está a poñer en marcha un Programa Integral de Inserción destinado a persoas en idade laboral que residan nalgún dos barrios da zona Norte de Santiago. A iniciativa enmárcase no programa municipal Urbana Santiago Norte, cofinanciado polos fondos FEDER da Unión Europea para o Desenvolvemento Sostible Local e Urbano.

O obxectivo principal do programa de inserción é apoiar as persoas participantes nos seus procesos de busca de emprego, para o que se desenvolverá un programa integral de actividades. Realizaranse sesións de traballo e formación individuais, seguimentos das accións formativas, sesións grupais de procura de emprego, aprendizaxe das técnicas de busca de emprego a través das novas tecnoloxías ou capacitación en habilidades sociais, entre outras.

Para participar no programa é preciso dirixirse a Igaxes3, non máis lonxe do 15 de outubro, chamando por teléfono ao 981 56 11 69 ou ben enviando un correo electrónico a urbananorte@ igaxes.org.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)