16/03/16
OS Centros Quérote+ poñen en marcha o servizo de Videochamada
A partir do mes de marzo deste ano, mozos e mozas terán á súa disposición un novo servizo para formular as súas consultas e asesorarse para resolver moitas das súas preocupacións ou dificultades.
Ata o momento podían facelo de forma presencial, telefónica, on-line ou por mensaxería instantánea (Whatsapp/Telegram); agora poderán facelo a través dun servizo de videochamada a través das aplicación Skype e Hangouts.
A videochamada permite o acceso ao servizo de atención ás mozas e aos mozos que teñan dificultade para achegarse de xeito presencial a un dos centros Quérote+. Permite unha comunicación directa, a tempo real, na que pode incluirse a comunicación verbal e a non verbal (o poder incorporar a videoimaxe), esto permite un asesoramento máis persoanlizado.
Deste xeito “elimínanse” as barreiras físicas que poden supor unha limitación de acceso ao recurso, permitindo deste modo, que o servizo sexa accesible a un maior número de xóvenes, poida ser máis maneira máis homoxénea e igualitaria entre toda a mocidade galega.
É unha nova vía que permite de forma gratuíta achegar este servizo a mozas e mozos que teñan algunha consulta relacionada coas temáticas abordadas dende o servizo Quérote+.
O servizo porase a proba durante 3 meses, nos que se testeará e se mellorará o protocolo de atención para a unha maior eficacia e un mellor servizo. Durante estes meses, o servizo estará disponible os luns, mércores e os venres, polas mañás de 9:00 a 14:00, e as tardes de luns e mércores de 16:30 a 19:00.
O contacto: querotemais.videochamada@gmail.com