08/03/16
PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA 2016
O Departamento de Educación e Cidadanía do concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2016 (21, 22, 23 e 28 de marzo).
Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 21,22, 23 e 28 de marzo nos CEIP Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.
Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.
A inscrición realizarase a través do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación, nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.
O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.
Achegase en documento adxunto informacion completa sobre o programa as como os prezos das actividades.
Documentación relacionada