Novas

07/09/10

ENTIDADES SUBVENCIONADAS A TRAVES DA INICIATIVA URBANA SANTIAGO NORTE PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS INTEGRAIS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL

A Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela informa da concesión das seguintes subvencións para a realización de Programas Integrais de inserción sociolaboral dirixidas a entidades sociais e ONGs de Santiago de Compostela, para o ano 2010, dentro do Programa Iniciativa Urbana Santiago Norte. Proxecto cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao FEDER dentro da iniciativa urbana prevista no eixo 5 sobre Desenvolvemento sostible local e urbano do PO FEDER Galicia 2007-2013.

As entidades seleccionadas son as que a continuación se relacionan:
•ASOCIACIÓN PLATAFORMA POLO EMPREGO
•COGAMI
•CRUZ VERMELLA
•IGAXES
•FAEGA

As subvencións están destinadas a realización de programas integrais de inserción sociolaboral para persoas en situación de vulnerabilidade social na zona norte da cidade.

Co desenvolvemento destas accións pretendese acadar os seguintes obxectivos:
•Mellorar o emprego das persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos
•Reducir a taxa de paro na zona de actuación.
•Modificar a percepción que ten a sociedade en xeral, e o sector empresarial en particular sobre as potencialidades das persoas destinatarias destes programas.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)