Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
23/02/16

Programa BENESTAR EN BALNEARIOS

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o programa BENESTAR EM BALNEARIOS 2016 (Xunta de Galicia), organizado pola Consellería de Políticas Sociais.

Normativa:
Orde do 10 de febreiro de 2016 pola que se ofertan prazas para estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2016 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 77 do 16/2/2016)

Obxecto:
Convocar un total de 607 prazaspara para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2016. Os establecementos termais nos que se ofertan prazas son os que a continuación se relacionan:

- Balneario de Acuña - Caldas de Reis (Pontevedra)
- Balneario de Arnoia (Ourense)
- Balneario de Augas Santas - Ferreira de Pantón (Lugo)
- Balneario de Baños de Brea - Vila de Cruces (Pontevedra)
- Balneario de Baños de Molgas (Ourense)
- Balneario de Caldelas de Tui - Tui (Pontevedra)
- Gran Balneario de O Carballiño (Ourense)
- Balneario de Carballo (A Coruña)
- Termas de Cuntis (Pontevedra)
- Balneario de Laias - Cenlle (Ourense)
- Balneario de Lobios - Lobios (Ourense)
- Balneario do Río Pambre - Palas de Rei (Lugo)
- Balneario Termas Romanas - Lugo
- Balneario de Guitiriz (Lugo)
- Balneario A Toxa (O Grove -Pontevedra)

En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.

Requisitos:

a. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou persoa con análoga relación de convivencia, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a).

Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando o poidan facer, sen necesidade de apoio de terceira persoa e se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos citados anteriormente, excepto o da letra a).

Servizos incluídos
As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de xuño e outubro de 2016.

Nos prezos inclúen os seguintes servizos:

a. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
b. Tratamentos termais.
c. Actividades de animación.
d. Póliza colectiva de seguro turístico.

Prazo presentación de solicitudes
O prazo é de 20 días naturais dende o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 7 de marzo de 2016.

Lugar de presentación
• Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
• En soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
• Por correo postal mediante envío certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..

Para mais información:

Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
Páxina web da Consellería de Políticas Sociais: http://benestar.xunta.es
Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia.
UTS de referencia (Servizos Sociais Comunitarios), segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dispositivos deben solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
Departamentos de traballo social dos centros de saúde.
Servizos específicos de persoas maiores (Fogar de Terceira Idade, etc.)

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia. 2016.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)