26/01/16
Comparsa de Antroido das Fontiñas
O día 6 de Febreiro o CSC de Fontiñas organiza a primeira Comparsa de Antroido do Barrio.
Ofertáronse uns obradoiros para xente allea á Aula de xogo, para facer os cabezudos cos que desfilaremos o día 6.
Na Aula de xogo xa hai uns 25 cabezudos feitos. Os máis pequenos levarán outro tipo de elementos como orellas ou cornos, feitos coa mesma técnica.
Os obradoiros son abertos a xente de todas as idades. A data límite para inscribirse é mañá.
De todas formas, a participación o día da comparsa é libre, traendo os disfraces da casa. A temática é a fauna que habitou ou habita o barrio: porcos, xabaríns, paxaros, mouchos, lobos...
Ese día quedaremos algo antes das 11 da mañá no CSC. A comparsa baixará ata Area Central e percorrerá o piso de abaixo do Centro Comercial. Sairemos de novo pola rús de Berlín e voltaremos ao CSC. A comparsa estará amenizada por músicos de Alfaia, e logo no CSC haberá actuacións, chocolatada, biscoitos e comida aportada polos veciñ@s e mercadiño solidario. Se alguén quere poñer algún posto, aínda estades a tempo!!
Documentación relacionada