Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
14/01/16

TARXETA BENVIDA

Normativa: ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016 e se procede a súa convocatoria. (DOG nº 248 do 30/12/2015).

Obxecto: axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano.

Persoas beneficiarias e requisitos: Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016. A maiores, deberá reunir os seguintes requisitos:
• Que a renda da unidade familiar da declaración do IRPF do ano 2014 non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
• Cumprir os requisitos establecido no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Tipos de axuda e contías:
Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

Documentación:
a) Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil.
b) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando se trate de adopcións non formalizadas en Galicia.
c) Certificado de convivencia.
d) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, de ser o caso.
e) Copia do DNI/NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
f) Copia do DNI/NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante das axudas, só no caso de non autorizar a súa consulta.
g) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante e da proxenitora que non apareza como solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.
No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, a persoa solicitante deberá presentar unha copia dixitalizada dos documentos necesarios indicados nos puntos anteriores.

Lugar de presentación:
• A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es
• Na Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
• Nos Servizos Sociais Comunitarios municipais. Para isto, debe solicitar cita no teléfono 981542465 ou nas dependencias do Centro Municipal de Servizos Sociais (sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4. Galeras).

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia. 2016.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)