Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
14/01/16

AUXS PARA EVITAR CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELECTRICA

Normativa: ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 249 do 31/12/2015).

Obxecto: Pagamento da factura eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables.

Tipo de axuda: Os gastos subvencionables serán o 100 % do importe das facturas de electricidade (IVE incluído) emitidas, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, por unha comercializadora de electricidade correspondentes á vivenda habitual, con un límite máximo de 2 facturas/ano no caso de facturación mensual e de 1 factura/ano no caso de facturación bimensual, con un importe máximo de 200 €/ano por solicitante en ambos casos.

Requisitos das persoas beneficiarias
1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano). Considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2014 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2014.
3. Ser o titular do contrato de subministración eléctrica.
4. Dispor de aviso de interrupción de subministración da enerxía eléctrica, por non pagamento, segundo a normativa vixente.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións

Documentación: Xunto coa solicitude, deberase presentar copia dixitalizada de:
a. Factura de enerxía eléctrica emitida pola empresa comercializadora non aboada.
b. Aviso de interrupción de subministración de enerxía eléctrica por impago, por parte da compañía eléctrica, segundo a normativa vixente.
c. Certificado de convivencia onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.
d. DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de conviviencia maiores de 14 anos, soamente no caso de non autorizar a súa consulta (anexo III).
e. Declaración do IRPF ou certificado de renda emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2014, do solicitante (só no caso de denegar expresamente a súa consulta) e do resto dos membros da unidade de conviviencia, (só no caso de non autorizar a súa consulta no anexo III).
f. De selo caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo IV).

Lugar de presentación: Deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde o enlace: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal
Si se precisa apoio para a tramitación, poderán dirixirse á DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS (Xunta de Galicia) para que se lle faga a solicitude (art. 2.3 da devandita orde autonómica).

Prazo de presentación: Dende o 15 de xaneiro de 2016 e rematará o 15 de novembro de 2016.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia. 2016.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)