23/11/15
25 N. COMPOSTELA EN NEGRO
Dende a concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo-CIM do Concello de Santiago queren facervos participes da campaña do 25 de novembro do 2015.
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía compostelá, ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, impulsamos 25 N. COMPOSTELA EN NEGRO .
Do 19 ao 25 de novembro os establecementos comerciais e diversas institucións de compostela, vestiranse de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia.