Novas

23/11/15

Campaña Xunt@s Facemos Compostela

Na Facultade de Filosofía, o 24 de novembro de 2015, ás 19h, organízase unha charla cun mediador intercultural que traballa no barco de rescate que Médicos sen Fronteiras ten no mediterráneo. Para seguir sensibilizando a través da campaña Xunt@s Facemos Compostela.

A esta charla seguiranlle as seguintes:

1 de decembro. Facultade de Historia. 19h

“Situación actual do dereito de asilo e refuxio: resposta social e política á crise”, con profesora de Dereito Internacional da USC, a ong experta en refuxio Ecos do Sur e un cidadán sirio que reside en Galicia e que contará a súa experiencia persoal e a da súa familia que está intentado fuxir de Siria.

14 de decembro. Facultade de Políticas. 18h

“Testimonio de Nadia Ghulam: refuxiada na identidade dun home”, refuxiada afgana que tivo que facerse pasar polo seu irmá para sobrevivir en Afganistán e finalmente conseguir fuxir do país. Aportará a perspectiva das mulleres no proceso migratorio e nos conflitos armados.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)