Novas

18/11/15

Xunt@s facemos Compostela

Asemblea de Cooperación pola Paz organiza xunto co Concello de Santiago esta campaña pola integración das persoas estranxeiras e persoas refuxiadas nos barrios de Compostela.

Haberá charlas, obradoiros para nenos, obras de teatro para adolescentes, exposicións de rúa, curso de mediadores naturais... Todo un paquete de actividades na procura de sensibilizar á poboación sobre o bo que é ter unha cidade intercultural.

A primeira actividade será unha charla sobre o contexto da crise d@s refuxiad@s, mañá na Facultade de Historia, ás 19h.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)