11/11/15
AXUDAS PARA A ADQUISICION DE MATERIAL ESCOLAR
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para Axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO ou educación especial (Xunta de Galicia).
Requisitos
a. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, ou que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
b. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.
c. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.
Contía das axudas
50 euros por alumno/a que reúna os requisitos, cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.
Documentación
a. Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
b. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.
c. Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
d. No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún dos membros da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013 recollidos na Orde.
e. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
Prazo
10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 21 de novembro de 2015.
Para mais información:
• Centros educativos de referencia.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia. 2015.