Novas

Centro Don Bosco
10/11/15

Cursos Monográficos ETL Don Bosco (novembro 2015)

A continuación indicamos os cursos monográficos que a Escola de Tempo Libre Don Bosco ten previsto realizar no vindeiro mes de novembro de 2015.

Obradoiro de fimo para adultos
Duración: 3 horas
Contido:
Aprenderemos a traballar o fimo con diferentes técnicas, para poder elaborar diferentes pezas: colgantes e outras pezas de bisutería, xoguetes, etc.
Técnicas que imos aprender:
Elaboración de animais e pezas en miniatura
Elaboración de pezas coa técnica tipo "sushi"
Elaboración de pezas coa técnica do mármore
Aprenderemos a cocer as pezas no forno e no caso de pezas de bisutería aprenderemos a rematalas para poder utilizalas en seguida.
Data: 14 de novembro de 2015
Horario: de 10:00 a 14:00
Impartido por: Leonor Díaz González
Prezo:30€

Iniciación ao Coaching educativo
Duración : 10 horas
Contido:
O coaching educativo é unha estratexia que pode ser de gran axuda para acompañar tanto a nenos e nenas como a adolescentes na súa vida académica”
Marco contextual do coaching educativo
Que é o coaching educativo?
Modelo de intervención
Etapas dun proceso de coaching
Datas: 20 e 27 de novembro de 2015
Horario: de 16:00 a 21:00
Impartido por: Claudia Fernández Fernández
Prezo: 25€

Comenzando co deficit de atención
Duración: 10 horas
Contido:
O déficit de atención é trastorno común da infancia e pode afectar aos nenos e neas de distintas maneiras. O déficit de atención fai que a un neno/a lle sexa máis difícil concentrarse e prestar atención”
Definición e tipos de déficit de atención
Causas e consecuencias no déficit de atención
Cómo intervir no déficit de atención na escola
Casos Prácticos
Datas e horarios: 13 de novembro de 2015 de 16:00 a 21:00 e 14 de novembro de 2015 de 9:00 a 14:00
Impartido por: Claudia Fernández Fernández
Prezo: 25€

Comedor escolar
Duración: 20 horas
Contido:
Os xogos dentro do comedor escolar
Xogos programados, xogos libres, espazos e xogos
Mini-obradoiros
Saude e nutrición. Alimentación saudabre
Datas: 21 e 22 de novembro de 2015
Horario: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00
Impartido por: Carmen González Pais
Prezo: 40€

Liderazgo
Duración: 5 horas
Contido:
Descripción xeral de liderazgo
Atributos dun lider
Liderazgo transformación
Cómo ser un/unha bo/boa lider
Resolución de conflictos.
Casos prácticos.
Data: 12 de novembro de 2015
Horario: de 16:00 a 21:00
Impartido por: Claudia Fernández Fernández
Prezo: 18€

Recursos para preservar os dereitos da infancia
Duración: 4 horas
Data: 28 de novembro de 2015
Horario: de 10:00 a 14:00
Impartido por: Ánxela Álvarez Naya
Prezo: 15€
Contido:
Dereitos vulnerados nos procesos de separación.
Sinais de alarma no comportamento dosnenos e nenas e principais fenómenos asociados: ilusión de reconciliación, sobrecarga parental e interferencias parentais.


Para realizar unha preinscripción podedes cubrir a ficha que atopades na páxina http://www.cxdonbosco.org/index.php/menu-escola/monograficos/111-cursos-monograficos-novembro-2015 e enviala ao enderezo electrónico: etl@cxdonbosco.org

Os cursos serán impartidos só si se alcanza o número mínimo de participantes establecido para cada monográfico.

As fichas poderán presentarse ata 3 días antes do comezo do curso.

Para realizar o pagamento recibiredes a información vía correo electrónico antes do comezo do curso.

Unha vez finalizado o curso o alumno recibirá un certificado de asistencia emitido pola ETL Don Bosco.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)