Novas

29/10/15

XUNTOS POLO NADAL 2015

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o programa XUNTOS POLO NADAL 2015 (Xunta de Galicia), organizado pola Consellería de Política Social, e destinado ás persoas maiores que se atopan soas nas datas navideñas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra) para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña,
Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e Panxón en Nigrán (Pontevedra)

Datas e servizos
Este programa levarase acabo entre ol 23 de decembro de 2015 e o 2 de xaneiro de 2016, e comprende os seguintes servizos:
• Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
• Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
• Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
• Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola mañá e a volta o día 2 de xaneiro despois da comida.

Persoas beneficiarias:
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b. Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
c. Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
e. Non estar acollido/a nun centro residencial

Prazo de presentación:
O prazo de presentación será ata o 20 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Para mais información pódense dirixir a:


Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Páxina web da Consellería de Política Social: http://benestar.xunta.es
UTS de referencia (Servizos Sociais Comunitarios), segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dispositivos deben solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
Departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais.
• As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Políticas Sociais – Xunta de Galicia. 2015.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)