Novas

Asamblea de Cooperación pola paz
22/10/15

ACPP Galicia está de aniversario e quere compartilo con tod@s nós

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA ANIVERSARIO ACPP GALICIA

DÍA: VENRES 30 DE OUTUBRO
LUGAR: UNITARIA, BARRIO DE SAN PEDRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA:

9h30 FORMACIÓN COMUNICACIÓN DE GUERRILLA

A formación en Comunicación de Guerrilla, que impartirá Lorena Arévalo de Til Diacrítico, baséase principalmente en romper o guión para poder chegar coas nosas mensaxes a públicos non afíns ou cautivos. Conceptos como a manipulación mediática, o consumo crítico de información, formas alternativas de transmisión das mensaxes, a contrainformación, as prácticas máis ideoloxizadas, a crítica transversal contra a estrutura da comunicación de masas forman parte das técnicas de Comunicación de Guerrilla. Nesta formación coñeceremos exemplos deste tipo de forma de facer incidencia e pensaremos en como crear as nosa propia acción de guerrilla.

11H30 INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS

Para o encontro de Intercambio de Experiencias propómosvos un modelo dinámico no que poder coñecer de forma directa proxectos que consideremos interesantes e cos que cremos que sería positivo xerar sinerxías.
Así que non nos dedicaremos a “falar do noso libro”, senón que escollemos experiencias das que nos gustaría aprender e entidades que consideramos teñen unha forma de traballo colaborativo como a de ACPP, para que as coñezamos todas e todos.
Na sala haberá tantas mesas como iniciativas a expor. Cada quen poderá escoller a que lle guste máis, sentar xunto a esa persoa que entende do tema e facerlle as preguntas que considere. Cada unha das iniciativas preséntase a grupos de como máximo 3 persoas á vez, 6 minutos para presentar a iniciativa e 9 minutos para preguntas, de modo que todos poidan falar.
Trátase de entender a experiencia e se hai interese en profundar, promovemos o intercambio de contactos para concertar citas posteriores.

Estarán presentes:
Ecos do Sur, co seu proxecto de barrio no Agra de A Coruña
Igaxes3, co seu traballo con adolescentes tutelados polo Estado
ESF, co seu proxecto de Cooperación xunto a Cartolab
Plan Proxecta, unha experiencia de traballo colaborativo en EpD
Escolas sen Racismo, aprendizaxe e servizo nas escolas
A Xuntanza e o traballo en rede, coordinación dos proxectos desde os barrios

20H00 FESTA DE ANIVERSARIO NO BAR MEDUSA

A partir das 20h estaremos no bar Medusa, da Rúa das Ánimas, celebrando o nos aniversario. A idea é compartir coas persoas que forman ACPP, coas outras entidades coas que compartimos proxectos e loitas un espazo de ocio. Haberá concerto de Blues do País, picoteo e sorteos de fotografías. Así compañeiros e compañeiras, estades tod@s convidad@s.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)