15/10/15
Proxecto de Intervención en Absentismo Escolar na Zona de Vite
A equipa de traballo comunitario do barrio de Vite é consciente da necesaria corresponsabilidade que require a intervención nas situacións de absentismo escolar, motivo polo cal se sumaron esforzos entre as entidades educativas (CEIP de Vite, IES Arcebispo Xelmírez II) e os Servizos Sociais Municipais en colaboración con outras entidades que traballan na zona (ONGs, centro sociocultural, asociacións, Centro de Saúde de Vite…) a fin de diminuir a prevalencia da problemática de absentismo escolar na zona e intervir a nivel preventivo.
Dando contido ao Protocolo de actuación para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia elaborado pola Xunta de Galicia, o presente proxecto está basado no traballo coordinado cun enfoque holístico no que a institución escolar se entende como un sistema dentro de outro máis amplo: o contexto, o barrio, la cidade...