Novas

Unidade Municipal de Atención as Familias (UAF)
14/10/15

Obradoiros: recursos en galego para a educación infantil

O Concello de Santiago de Compostela dentro do programa “Apego” que xestiona o Departamento de Lingua Galega convoca este obradoiro de recursos en galego para a educación infantil.
Con esta xornada formativa preténdese facer máis visible para as educadoras e os coidadores o material en galego que existe para a primeira infancia.

Destinatario/as: traballadores/as de escolas infantís públicas ou privadas
Lugar: Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo)
Inscrición e prazas: a participación no obradoiro é de balde.
Para inscribirse cómpre enviar un correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (dlg@santiagodecompostela.org) cos seguintes datos: nome, documento de identidade, teléfono e enderezo electrónico de contacto, nome da escola na que traballa e posto que desempeña, quenda do obradoiro no que desexa inscribirse.
O prazo para anotarse remata o 20 de novembro

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)