Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
22/07/15

Subvencións. Promoción da integración laboral de persoas con discapacidade

Coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, publícanse no DOG nº 137 do mércores 22 de xullo de 2015 as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2015 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria .

b) Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

Para máis información, ver o arquivo que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)