Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
22/07/15

FP Básica. Regulamento.

Publícase no DOG nº 137 do mércores 22 de xullo de 2015 a regulación do desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional básica, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas.Terá aplicación nos centros docentes públicos e privados do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional básica.

A oferta obrigatoria dos ciclos formativos de formación profesional básica está destinada ao alumnado escolarizado que cumpra os requisitos de acceso a estas ensinanzas (regulados no artigo 15 do Decreto 107/2014) e cuxo grao de adquisición das competencias non sexa o adecuado para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, malia iso, sexa o adecuado para que poida alcanzar o título profesional básico.

Para máis información, ver o arquivo que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)