Novas

Cruz Vermella
19/06/15

Visita ao CP Teixeiro "Programa Voluntariado Dende Dentro: Obradoiro de xoguetes"

O pasado mércores 17 de xuño, a asociación de ARELA e Cruz Vermella, en representación da Xuntanza do barrio de Fontiñas participaron nunha visita ao centro penitenciario de Teixeiro, para realizar unha toma de contacto cos participantes do Obradoiro de reparación de xoguetes, englobado no proxecto Voluntariado dende Dentro.

Os participantes do obradoiro realizan labores de selección, reparación e rehabilitación de xoguetes que posteriormente son destinados para nenos e nenas en dificultades socioeconómicas. Deste xeito a labor social multiplícase, antendendo ás necesidades de ambos colectivos.

Esperamos poder seguir colaborando dentro desta iniciativa tan positiva

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)