12/06/15
PROGRAMA +QFUTBOL
Dentro das actividades de hábitos de vida saudabel, programa de ocio alternativo da Concellería de Benestar Social, retomamos a actividade +qfútbol, dirixidas ao eixo de menores e xuventude.
Estas accións son financiadas cunha subvención do Ministerio de Sanidad, procedentes dos bens decomisados por tráfico de drogas e outros delitos relacionados, a cal optou o Concello de Santiago polo que o 70% do custe das actividades está subvencionado.
Unha das actividades deste programa é a denominada + que fútbol. Sobre o fútbol está todo inventado, pero a esencia deste proxecto reside en potenciar o carácter socializador que ten este deporte, xa que se move nunha linguaxe comprensiva para todos e todas, e a partires desta linguaxe universal. é onde se desenvolven diferentes actividades cun enfoque claramente preventivo e integrador. O seu obxectivo é que aqueles mozos que, sen desexar unha actividade regrada, desexan xogar ao fútbol, poidan facelo. Formaranse equipos informais, estableceranse uns calendarios de liga e realizarase unha merenda ao rematar. Ademais, faranse entrevistas e editarase un boletín de liga, un vídeo E UN RAP do “+ Q Fútbol”. O éxito de está actividade foi tal que na edición do ano pasado en actividades puntuais chegáronse a xuntar ata 70 persoas para compartir o fútbol. Esta actividade cvomenzará éste sábado 13 de xuño as 18:00 horas no centro Don Bosco de Belvis e a única condición e ir a pasalo ben.
Documentación relacionada