10/06/15
Programa "Tu trabajo EURES-FSE"
Publícanse no BOE nº 138 do mércores 10 de xuño de 2015 as axudas da acción «Tu trabajo EURES-FSE», para apoiar a movilidade laboral de traballadores españois, ou de calquera Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, ou doutro país ao que se extenda o mesmo réxime xurídico en materia de acceso ao emprego, e que teñan residencia legal en España, nos países que comprende o Espazo Económico Europeo e Suiza.
Estas axudas van dirixidas a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, con independencia do seu nivel de cualificación ou situación económica e social. A súa finalidade é facilitar aos traballadores as seguintes accións, consonte as condicións establecidas no artigo 7:
a) O traslado para asistir a entrevistas de procesos de selección para un posto de traballo.
b) O traslado para incorporarse a un posto de traballo.
c) A realización dun curso de idiomas vinculado á incorporación a un posto de traballo.
Para máis información, ver o documento que se achega.
Documentación relacionada