Novas

Fundación Secretariado Xitano
08/06/15

XORNADA PORTAS ABERTAS FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO

Este Venres 12 de Xuño de 17:30 a 20:30 no parque Eugenio Granell (Paxonal-Pontepedriña- Entre o río Sar e a Residencia Geriatros)

Achégase o día e na Fundación Secretariado Xitano de Santiago de Compostela témolo case todo listo... ¡só faltas ti!

O próximo venres, 12 de xuño, repetimos experiencia e celebramos a nosa Xornada de Portas Abertas. E nada de rollos! Todo o equipo -traballadores, voluntarios e participantes dos nosos programas- preparamos unha tarde de diversión, para grandes e pequenos.

Actividades ó aire libre, obradoiros e música cos que gozar e coñecer, máis preto e de verdade, á comunidade xitana e o impacto dos nosos programas na vida de miles de familias xitanas.

Queremos invitarte a vivir a Fundación Secretariado Xitano en primeira persoa
Ven coa túa familia e invita os teus amigos e amigas. Ven, é moito o que nos une!

Agardámoste!

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)