Novas

Proxecto de apoio ao sector asociativo
15/04/15

Subvencións. Programas de cooperación. Entidades sen ánimo de lucro

Publícase no DOG nº 70 do mércores 15 de abril de 2015 as bases e a convocatoria das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para a contratación temporal de persoas beneficiarias do Programa de activación para o emprego.

Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para ser beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica e capacidade de obrar e estar debidamente inscritas no correspondente rexistro público.
b) Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

Os servizos que se desenvolvan mediante a actividade dos traballadores e traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, e deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.
b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas que se van contratar.
c) Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa de 6 meses e a xornada a tempo completo.


Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de maio de 2015

Para máis información, ver o arquivo que se achega

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)