08/04/15
PROXECTO A NOSA VIDA..., EN POSITIVO? II
Hoxe tivo lugar o Obradoiro, impartido pola Asociación Arela, dentro do Proxecto comunitario A NOSA VIDA..., EN POSITIVO?, onde se ofreceu unha explicación pormenorizada sobre a Lei de responsabilidade penal do menor.
Asistiu alumnado de 4º ESO do IES Antonio Fraguas e profesorado do mencionado centro. Asemade, tamén estaban presentes técnicos de Cruz Vermella, Centro de Dia Arela e Programa de atención a familias Abeiro, ademais de persoal técnico da UTS Fontiñas e do Programa municipal socioeducativo.
A actividade foi presentada pola Concelleira da Área de Servizos Sociais; asistindo tamén á mesma a Xefa do mencionado servizo municipal, así como a Xefa de Servizo de Xustiza Penal Xuvenil (Xunta de Galicia).