Novas

07/04/15

PROXECTO A NOSA VIDA..., EN POSITIVO? 2ª edición

Lembrar que mañá día 8 de abril de 2015, ás 11 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas, terá lugar o Obradoiro impartido pola Asociación Arela sobre a Lei de responsabilidade penal do menor.

Este obradoiro forma parte da primeira das accións do Proxecto comunitario "A NOSA VIDA... EN POSITIVO?, 2º edición".

Ao mesmo asisitrá alumnado de 4º da ESO do IES Antonio Fraguas así como técnicos pertencentes á rede comunitaria do barrio de Fontiñas.

A presentación da xornada correrá a cargo da Concelleira da Area de Servizos Sociais e da orientadora do IES Antonio Fraguas.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)