Novas

Servizos Sociais: PASS CONXO
25/03/15

Nova edición do Programa “Ruptura de Parella, non de Familia” dirixido a adultos e nenos/as.

Co afán de continuar apoiando a familias en situación de ruptura de parella, separación ou divorcio na área de Santiago, a dirección e o equipo técnico responsables do programa “Ruptura de parella, non de familia” informan, ós membros da Rede Compostela Integra, da posta en marcha de seis reunións nas que participaran, por unha banda, adultos (principalmente, nais e pais pero tamén poden acudir outras persoas implicadas activamente na vida familiar) e, por outra, fillos e fiillas menores de idade o seu cargo. O inicio desta actividade está previsto para o vindeiro venres 27 de marzo as 19:00 horas na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago (situada no Campus Vida). Para ampliar ou dispoñer de mais información, as persoas interesadas poden contactar coa organización da seguinte forma:
Tlf: 981.542.465 (horario de mañá) e no 881.813871 (horario de tarde)
Email: uforense.programaruptura@usc.es

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)