Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
18/03/15

CONVOCATORIA PROBAS COMPETENCIAS CLAVE

No DOG do luns 16 de marzo publicase a Resolución do 26 de febreiro de 2015 da Dirección Xeral de Emprego e Formación , pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convócanse probas do nivel 2 e 3 nas seguintes competencias:
- Comunicación en lingua galega
- Comunicación en lingua castelá
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
- Competencia matemática

Prazo para presentar as solicitudes: ata o 10 de abril

Realización das probas: O lugar de realización das probas de avaliación en competencias clave será exposto na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. Prevese que sexa en Silleda.

Para máis información, ver o arquivo que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)