Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
13/03/15

PROXECTO FONTINAS SOMOS TODOS

Incorporamos á web Compostela Integra, a memoria avaliativa do Proxecto comunitario "FONTIÑAS: SOMOS TOD@S", una xornada de sensibilización sobre a discapacidade e a inclusión social dirixida a escolares do barrio de Fontiñas.

Esta actividade tivo lugar no Centro Sociocultural das Fontiñas o pasado 23 de febreiro de 2015, participando alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP Fontiñas e Monte dos Postes, así como de 1º da ESO do IES Antonio Fraguas.

A actividade, na que participaron un total de 146 persoas, foi valorada satisfactoriamente.

Felicitar pois ao alumnado, profesores e demais profesionais da rede comunitaria do barrio de Fontiñas pola súa participación. E por suposto, agradecer a colaboración desinteresada de AGARESO, DOWN COMPOSTELA e ASPANAES, xa que sen eles esta experiencia non podería levarse a cabo.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)