Novas

Servizos Sociais: PASS CABES
04/03/15

Tícket eléctrico

O mércores 4 de marzo de 2005, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 43 a Orde do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria.

A contía da axuda é de ata 180 euros anuais para as familias con dous o menos fillos ao seu cargo; e de ata 300 euros no caso das familias numerosas. Ademais, a convocatoria será compatible coa percepción da RISGA.
Os destinatarios son as familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM.

As solicitude deberá presentarse unicamente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es ou desde o enlace https://tícketelectrico.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou certificado electrónico. De non telos, poderán tramitalo na súa Unidade de Traballo Social de referencia, previa cita, a partir do día 5 de marzo e ata o 30 de abril de 2015, para as axudas ao pagamento das facturas eléctricas do segundo semestre de 2014.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)