Novas

Servizos Sociais: PASS CABES
19/02/15

Estadías en Residencias de Tempo Libre

Obxecto:

Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)

Persoas destinatarias:

Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
Galegos e galegas residentes no exterior.
Tipos de servizo:

Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.
Quendas

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Traballo e Benestar e para unha ou varias quendas. Non obstante, non se adxudicarán prazas por máis dunha quenda durante a tempada de verán

Documentación:

Solicitude| Presentación electrónica na sede. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Acreditación da discapacidade, de ser o caso (de non ser expedida pola C.A de Galicia)
No caso de solicitantes da quenda de familias numerosas: fotocopia do libro de familia (de non ser expedido ou renovado pola C.A. de Galicia)
No caso de persoas solicitantes da quenda de familias acolledoras: copia da resolución administrativa de acollemento (de tratarse dun acollemento formalizado por outra comunidade autónoma).
No caso de familias monoparentais, copia do libro de familia e certificado de empadroamento da unidade familiar.
Lugar de presentación:

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Presentación electrónica na sede.
En soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Prazo de presentación:

Ata o 20 de marzo de 2015.

Adxudicación de prazas

Efectuarase por sorteo de datas o día 26 de marzo de 2015 ás 10.00 horas nas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense (para a residencia de tempo libre do Carballiño) e en Vigo (para a residencia de tempo libre de Panxón)

Reservarase a primeira quenda do mes de agosto en ambas as dúas residencias para as familias numerosas. Non obstante, poderán solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II.

Reservarase a última quenda do mes de xullo en ambas as dúas residencias para as familias acolledoras. Non obstante, poderán solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II.

Reservarase a segunda quenda do mes de xullo en ambas as dúas residencias para as familias monoparentais. Non obstante, poderán solicitar calquera outra das datas que se recollen no anexo II.

A adxudicación das quendas para familias acolledoras, numerosas e monoparentais farase igualmente por sorteo de datas o mesmo día, sendo as sobrantes incluídas, de ser o caso, no procedemento xeral de adxudicación. As familias acolledoras, numerosas e monoparentais que se presenten ao resto das quendas entrarán no sorteo xeral e non terán ningunha preferencia.

Pagamento do prezo da estadía.

As persoas beneficiarias realizarán, no prazo de dez días desde a recepción da confirmación da reserva por parte da residencia, un depósito de 30 € por cuarto en concepto da dita reserva, e outro depósito, 30 días antes do inicio da quenda adxudicada.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)