Novas

Servizos Sociais: PASS CABES
04/02/15

Prestación económica de pagamento único por fillos menores de 3 anos

Comunícase a apertura do prazo de presentación de solicitudes para recibir a prestación económica de pagamento único por fillos a cargo menores de 3 anos.

Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2013, e teñan:
- Fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2012 e o 01/01/2015, inclusive).
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2013 e 31/12/2014

A contía será a seguinte:
-Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros
-Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1200 euros
-Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2400 euros

O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o 3 de febreiro ao 14 de marzo de 2015 (ambos incluídos)

Achégase orde de convocatoria: ORDE do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)