25/05/10
curso de creación de empresas de Insercion laboral
A PLATAFORMA POLO EMPREGO infórmavos dun curso organizado por AEIGA, que pode ser de utilidade.
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) anuncia a Convocatoria do curso Creación Empresas de Inserción.
[/b]
O curso enmarcase dentro das actividades do proxecto "Galicia Insire" de apoio á creación de empresas de Inserción Laboral en Galicia.
Proxecto “Galicia Insire”
O proxecto estrutúrase da seguinte forma:
• Campaña de información e difusión da figura das Empresas de Inserción Laboral en Galicia.
• Visitas a entidades interesadas para a presentación do proxecto.
• Realización de cursos para a elaboración de proxectos de empresas de inserción dirixidos a responsables e técnicos de entidades e profesionais das áreas de emprego e inclusión social interesados.
• Titorización individualizada de proxectos de creación de Empresas de Inserción Laboral.
• Acompañamento no proceso de constitución, cualificación e procura de financiamento de Empresas de Inserción Laboral.
As accións do proxecto van dirixidas a entidades de iniciativa social que traballen no ámbito da inclusión sociolaboral de colectivos en risco ou situación de exclusión social e teñan interese na crear empresas de inserción laboral e tamén a todos os profesionais das áreas de emprego e inclusión social interesados.
Descripción do curso de Creación de Empresas de Inserción:
Este curso busca axudar a que os participantes elaboren proxectos de creación de empresas de inserción laboral.
Os contidos do curso serán os seguintes:
• Contexto legal das empresas de inserción
• Trámites de constitución.
• Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción.
• Contratación e itinerarios de inserción.
• Xestión das empresas de inserción laboral.
Horario: sesiones semanales de 16.00 a 20.00 h, un total de 4 sesións.
Data inicio curso: entre finais de maio e primeiros de xuño.
Para participar no proxecto será necesario facer chegar o formulario de solicitude axunto, ben ao enderezo de correo electrónico aeiga@faedei.org, ben por fax no número 881 957 452
Para máis información:
Tel/Fax: 881 957 452
Avenida de Lugo nº 219, baixo (Santiago de Compostela)
E-mail: aeiga@faedei.org
(Persoa de contacto: Cristina Varela)