18/12/14
TERMALISMO SOCIAL - IMSERSO
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL (IMSERSO).
Requisitos das/dos solicitantes:
1. Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Beneficios:
As quendas terán unha duración de doce ou dez días cada unha (once e nove pernoctacións, respectivamente) comprendendo os seguintes servizos:
• Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
• Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
• Póliza colectiva de seguro.
• Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
• En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
• Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Prazo de presentación:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive):
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de xaneiro de 2015.
• Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 18 de maio de 2015.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive):
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 18 de maio de 2015.
• Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2015.
Para mais información:
• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
• UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.
Documentación relacionada