Novas

12/12/14

Encontro de Culturas dos barrios de San Pedro e Fontiñas.

O proxecto Barrios Abertos organiza para o domingo 21 de decembro o Encontro de Culturas como colofón final ao proxecto que se desenvolveu durante todo este ano 2014.
O evento celebrarase no Centro Xunvenil Don Bosco. Está aberto á participación da cidadanía de ambos barrios, especialmente da inmigrante, e concíbese como un espazo de intercambio e lecer no que compartir experiencias, coñecer os recursos do barrio e desfrutar co xogo.
O programa do Encontro é o seguinte:
- 12h30: actividades infantís dirixidas por monitores/as.
- 13h00: presentación de curtametraxes audiovisuais sobre integración e entrega de diplomas ao alumnado cos realizou
- 13h30: presentación da guía de servizos para inmigrantes
- 14h00: xantar intercultural
- 16h00: xogos tradicionais para todas as idades
- 17h00: exhibición e práctica de baseball
Para asistir ao xantar é necesario inscribirse enviando un mail a galicia@acpp.com ou chamando por teléfono ao 881 977 339.
Barrios Abertos é un proxecto de Asemblea de Cooperación Pola Paz, que conta co finanzamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social e do Fondo Europeo para la Integración (UE). Ademais da colaboración do Concello de Santiago de Compostela e as Redes de Entidades dos Barrios das Fontiñas e de San Pedro.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)